Despois de meses de traballo, comezamos as probas de unha nova aplicación para dispositivos móbiles para o mantenimento da operatividade dos Plans de Autoprotección ou Emerxencia. Con a colaboración do Concello de Narón, a nova aplicación “Prevén” estase a testar na Escola Municipal de Xuvia, que recentemente implantou o seu Plan de Autoprotección.

A aplicación, que foi desenvolvida en colaboración con Dixital Interactive Dream, está deseñada para facilitar ao titular ou responsable da actividade ou instalación na que se implante o Plan de Autoprotección, o mantenimento das instalacións de risco e dos medios de autoprotección. A aplicación lembrará ao usuario os mantenimentos periódicos e permitirá realizalos desde o propio dispositivo. A realización dos mantenimentos, xenerará documentación que acreditará a realización de ditos mantenimentos.

O compromiso  con a difusión da autoprotección foi un dos sinais de identidade con a que se impulsou PREVINEM. Con a mesma intención que se deseñara a app “Prevención de Riscos”, dedicada aos espectáculos públicos e actividades recreativas, “Prevén” nace para cubrir unha deficiencia recurrente detectada nos Plans con os que traballábamos. O mantenimento da operatividade do Plan é fundamental para alargar a eficacia do mesmo máis alá do momento da súa elaboración e esperamos que con “Prevén” esperamos poder contribuamos a unha máis ampla difusión da autoprotección.