Sen espazo algún para o metafórico, o proxecto que hoxe iniciamos en forma de blogue ten como obxectivo presentarvos algunhas reflexións sobre a prevención e seguridade no ámbito da protección civil, produto da modesta experiencia profesional e, da aínda máis modesta, investigación de quen escribe.

Guiados unicamente pola vontade inicial de quen imaxina o decorrer de un proxecto recentemente iniciado, só podemos prometer unha abordaxe eminentemente práctica e orientada a solución sobre o terreo á enorme diversidade de desafíos da seguridade e protección civil.

Para comezar tentaremos abandonar enfoques caracterizados pola multidisciplinariedade, tan común na prevención e control de emerxencias, na que sempre se procuraron hexemonías de tal ou cal especialidade. Tentaremos apostar, por tanto, pola interdisciplinariedade que debe prevalecer en un ámbito no que concorren diversas disciplinas que deben confluír e integrarse para ofrecer solucións eficientes para a proteccións de persoas e bens.

Concorrencia colaborativa e abordaxe práctica sobre prevención e seguridade no terreo da protección civil para achegar reflexións e solucións sobre un ámbito que, aínda contando con unha certa tradición no noso ordenamento xurídico, continúa a ter unha implantación menor que outras disciplinas relacionadas como, por exemplo, a vinculada aos riscos laborais.

Sen máis, só queda desexarvos que a visita sexa do voso agrado. Benvid@s!

Catástrofe, indignación e…. solucións?

Autor: Daniel Lourenzo Mirón Coincide esta primeira colaboración que me brinda Ferrol360 e que usaremos a modo de presentación dunha serie de artigos sobre a protección civil, nun contexto ben oportuno para a reflexión sobre o tema. E é que a terrible vaga de incendios forestais que ven de asolar boa parte da nosa xeografía, coincide co aniversario daquela catástrofe [...]