Inaguramos un mes con varios simulacros de emerxencia programados. O primeiro o do CEE Terra de Ferrol, no que contamos con a a colaboración de Bombeiros de Ferrol.
No exercicio simulouse un incendio en unha das aulas do centro, concretamente na de cociña, para así practicar a capacidade e intervir do persoal designado e de proceder a unha evacuación segura no centro.
Ainda que este proxecto conta con unha corta mais intensa experiencia na difusión da autoprotección nas escolas, o simulacro do CEE Terra de Ferrol supuxo un desafío. A implicación da dirección e do persoal e a magnífica resposta do alumnado, traduciu o simulacro en un excelente punto de partida para continuar con a integración da prevención no centro
A realización deste tipo de exercicios é fundamental para unha correcta capacitación do persoal que, en caso de emerxencia, ten que actuar.