O pasado xoves día 23 de novembro, a Asociación de Empresario Seara das Pontes onganizou unha produtivas xornadas para a reflexión sobre a prevención no ámbito industrial.

As xornadas, nas que colaborou a Universidade da Coruña, o Concello das Pontes e a Academia Galega de Seguridade Pública, contaron con tres mesas redondas nas que se abordou a cuestión desde distintos puntos de vista. A primeira mesa tivo lugar despois da inauguración, que correu a cargo do Presidente de Seara, o Decano e Director do Mestrado de PRL e Riscos Comúns da Faculdade de CC de Traballo e o Presidente da Deputación da Coruña. Nesta primeiro debate participaron representates dos polígonos industriais de Sabón e Bergondo, que xa contan con plans de emerxencia implantados e das Pontes. Nesta mesa, participou como poñente Daniel Lourenzo, que abordou os aspectos concretos do Plan de Emerxencia do Polígono Industrial de Penapurreira, no Concello da Pontes.

Na segunda das mesas, participaron representantes de empresas do polígono, aportando a súa visión sobre o estado da prevención de bens e persoas e medio ambiente para, que xa na terceira mesa, foran representantes dos servizos de emerxencia os que falasen da súa experiencia.