Os inchables son protagonistas das nosas festas. Aínda que aparentemente seguros, a súa instalación e uso debe ser acompañada por unha inspección das súas condicións de seguridade apoiada na regulamentación que lle afecta e. tamén, na experiencia do técnico encargado da mesma. Algún dos aspectos máis destacados son:
·Como calquera aparello de recreo, se comproba a dcumentación do inchable, así como o seguro de responsabilidade civil do titular.
·Comprobase o estado de conservación do inchable e da instalación eléctrica, que sempre se debe manter inaccesible ao público.
·Na inspección inicial, realizase unha medición da velocidade do vento, advertindo ao titular de que debe ser fechado en caso de un aumento do mesmo.
·Compróbanse o número de anclaxes, así como o seu tipo, para comprobar que sexan efectivos.
·Ademais, comprobase a existencia de unha persoa que atenda e supervise o funcionamento do inchable.