Con o inicio do curso, activamos unha campaña para a difusión da autoprotección nos centros escolares. Basada na nosas experiência na elaboración e implantación de plans de autoprotección nos centros educativos, deseñamos un programa que busca convertir o Plan no elemento central e dinamizador de unha política activa que procura a difusión dos valores da prevención e da autoprotección.

Os centros educativos están afectados por dous dos criterios que determinan a aplicación da normativa de autoprotección e, en xeral, da normativa de xestión de emerxencias. Por un lado, a propia actividade docente e, polo outra, ser os ocupantes dos centros persoas con dificuldades para evacuar polos seus propios medios. Así, e ainda que a normativa estatal estableceu determinadas características estruturais e de ocupación para que aos centros educativos lles fora de aplicación a normativa de autoprotección, o goberno autonómico, procurando unha maior protección de unha actividade tan sensible como a educativa, estableceu umbrais mais restrictivos para os centros docentes, ampliando a aplicación da mesma á súa totalidade.

PREVINEM na procura de solucións integrais e útis para a prevención e actuación en caso de emerxencia deseñou un amplo catálogo de servizos que inclúen:

·Elaboración do Plan de Autoprotección… e no caso de que xa conte con o Plan, o revisamos sen compromiso para identificar as necesidades de actualización que poidan concorrer.

·Implantación do Plan de Autoprotección con o deseño de un programa de formación e capacitación dos equipos de emerxencia designados e, con programas para a difusión entre o alumnado das normas de actuación en caso de emerxencia.

·Deseño e coordinación do simulacro de emerxencia.

·Pautas para a xestión de alerxias e intolerancias do alumnado e protocolos de actuación de primeiros auxilios.

·Acceso a aplicación para dispositivo móvil que permite a xestión do programa de mantenimento das instalacións de risco e instalación e medios de protección.

·Asesoramento no rexistro do Plan no REGAPE da Xunta.