Xa está disponible na nosa aplicación Prevención de Riscos a información do ReboNeda Day, evento que terá lugar o día 27 no Paseo Marítimo de Xubia e pon fin o verán en Neda.

 

Ademais da elaboración e colaboración na implantación do Plan de Emerxencia, persoal de PREVINEM colaborará nas labores de seguridade do evento organizado polo Concello de Neda e o Grupo Reboreda-Morgadío.

 

A aplicación, polo momento disponible para android, ten os seguintes contidos:

-Información sobre o evento.

-Situación dos puntos de atención dos servizos de emerxencia (sanitarios, protección civil ou policía local)

-Situación dos medios de protección e evacuación.

-Teléfonos de contacto dos servizos de emerxencia presentes no evento.

-Normas de prevención e instruccións de actuación en caso de emerxencia.